O GALEGO NA MIÑA VIDA: Ángel Carracedo

Ángel Carracedo (Santa Comba) é doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. 
É profesor de Medicina Legal, Ética Médica, Xenética Forense, Medicina Xenómica e Molecular e Xenómica e Enfermidades Xenéticas na facultade de Medicina e Odontoloxía da devandita universidade. É catedrático de Medicina Legal desde 1989 e foi director do Instituto de Medicina Legal da USC (entre 1994 e 2012).
 É director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia), director do Centro Nacional de Genotipado-ISCIII, ademais de xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras (CIBERER) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santigo de Compostela (IDIS). O grupo de Medicina Xenómica que coordina consta de 10 grupos de investigación, varias plataformas tecnolóxicas e arredor de 100 persoas.
 Ten publicados 12 libros e mais de 600 artigos en revistas internacionais (SCI) incluíndo artigos en Nature, Science, NatureGenetics, ademais das principais revistas de xenética médica, cáncer e medicina forense.
 As súas principais liñas de investigación inclúen a xenética do cancro e das enfermidades psiquiátricas en idade infantil, a farmacoxenómica, a xenéticas das poboacións humanas ou a xenética forense.
É UN DOS MÁIS PRESTIXIOSOS INVESTIGADORES E CIENTÍFICOS GALEGOS DO QUE TODOS/AS DEBERÍAMOS ESTAR ORGULLOS/AS.
 

Entradas populares de este blog