Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2020

O GALEGO NA MIÑA VIDA: Ángel Carracedo

Imagen
Ángel Carracedo (Santa Comba) é doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela.  É profesor de Medicina Legal, Ética Médica, Xenética Forense, Medicina Xenómica e Molecular e Xenómica e Enfermidades Xenéticas na facultade de Medicina e Odontoloxía da devandita universidade. É catedrático de Medicina Legal desde 1989 e foi director do Instituto de Medicina Legal da USC (entre 1994 e 2012).  É director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia), director do Centro Nacional de Genotipado-ISCIII, ademais de xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras (CIBERER) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santigo de Compostela (IDIS). O grupo de Medicina Xenómica que coordina consta de 10 grupos de investigación, varias plataformas tecnolóxicas e arredor de 100 persoas.  Ten publicados 12 libros e mais de 600 artigos en revistas internacionais (SCI) incluíndo artigos en Nature, Science, NatureGenetics, ademais das principais revistas de xené

25 de Novembro: Día contra a violencia de xénero

Hoxe, e todos os días  MANIFESTO  A educación amósase imprescindíbel para erradicar unha das maiores e máis perniciosas lacras en todas as partes do planeta: a violencia que se exerce cara as mulleres. Esta violencia prodúcese en todos os ámbitos da sociedade. De maneira explícita, a través dos malos tratos, os feminicidios, a explotación e tráfico con fins sexuais, nos conflictos armados ou no acoso sexual; e de maneira simbólica ao través dos medios de comunicación, a violencia disculpada nas tradicións culturais e relixiosas ou a violencia institucional tolerada e silenciada. Por todo isto , precisamos dunha escola onde se supere a histórica invisibilidade das mulleres e onde se enseñe e se aprenda a construir a igualdade entre mulleres e homes. Ao mesmo tempo que fomentar cambios cognitivos, emocionais e actitudinais que permitan construir unha convivencia entre todas as personas rexida polos principios de xustiza social, equidade, e igualdade.

25 de novembro: Día contra a violencia de xénero(1º parte)

Imagen

ANIVERSARIO DO PRESTIGE: CRONOLOXÍA DUN DESASTRE ANUNCIADO

Imagen
Pasaron xa 18 anos desa chamada por radio. Pasaban das tres da tarde, cando un barco con bandeira das Bahamas pedíu socorro frente a Costa da Morte, porque un golpe de mar abrira unha fenda no casco dese vello barco...un casco que custodiaba 77.000 toneladas de petróleo, que se filtraban, sen descanso, as costas galegas.  Era un mércores 13 de novembro do ano 2002 cando escomenzou a maior traxedia ecolóxica da historia de España. Conforme pasaban as semanas, o petróleo que seguía expulsando o petrolero afundido acercábase cada vez máis á costa ata que escomenzando o año 2003 as manchas de cru chegaron a mesma, orixinando un desastre ecolóxico de enormes proporcións.  Kilómetros de costa cubertos de chapapote, milleiros de aves e especies marinas mortas cubertas de petróleo.  Unha ola de solidaridade inundou toda España con miles de voluntarios que durante meses afanáronse en limpar o “chapapote” que quedó esparexido e adherido por toda a costa galega.  Creóuse o movemento  &quo

RESISTIREI: VERSIÓN GALEGA

Faltaba a versión da nosa terra, cantada por unha pandereteira "a capela" da que destaco unha frase que reseña a parte da poboación que peor o pasou: 《 Somos maiores pero non somos vellas, diremoslle o mundo o que sabemos facer 》  

NOVWE MESES, NOVE CANCIÓNS: NOVEMBRO. O MAGOSTO

Imagen
Unha das festas populares e tradicionais da nosa Terra é a coñecida como Magosto. Celebrada en todas as comarcas do noso País, mais con especial arraigo na zona de Ourense, Lugo e O Bierzo, organízase entorno á recollida de castañas. Antano preparábanse as fogueiras con rachóns de breixo para asar as castañas recollidas no monte. Os mozos e as mozas da aldea saltaban por riba do lume, purificándose co fume e pasándose a borralla do carbón pola cara. As datas dos magostos galegos varían dependendo da rexión de Galicia na que nos encontremos, achándose principalmente entre o 1 de Novembro, Día de Tódolos Santos, e o 11 de Novembro, Día de San Martiño . Antigamente facíanse os magostos no adro das igrexas e nos camposantos galegos, pois a castaña simbolizaba a inmortalidade ao provir dunha árbore de longa vida como é o castiñeiro, que pode chegar a durar séculos, e que se pensaba que conectaba aos vivos co alén. Dise que a cada castaña que estalaba no lume supoñía a liberación dunha ánima

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

Imagen
Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai once anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica. Como todos os ano s, Igaciencia  (Institución Galega de Ciencia) propón dedicarlle o Mes da Ciencia a dous científicos, un estranxeiro e outro galego.  O científico estranxeiro deste ano é Robert Koch , microbiólogo alemán, considerado un dos pais da bacterioloxia, que descubriu os bacilos da tuberculose e do cólera e foi premio Nobel de Medicina en 1905.  Dado que a Asemblea das Nacións Unidas decidiu declarar 2020   "Ano internacional da sanidade vexetal" , optouse por escoller como científico galego o profesor Ernesto

SAMAÍN NO CEIP PENA DE FRANCIA 2020

Imagen
Un ano máis na escola celebramos a festa do Samaín , aínda que este curso dun xeito algo diferente por mor das circunstancias especias nas que nos atopamos. Moitas grazas a todo o alumnado e os pais/nais pola enorme participación e pola gran creatividade e interese amosado.                                                               Educación Infantil Educación Primaria( 1º,2º.3º,4º) 5º e 6º E Primaria