Entradas

Mostrando entradas de 2020

NÓS:PALABRA DO ANO

Imagen
  Nin pandemia nin ningún dos outros tres termos finalistas relacionados con ela.  Nós foi proclamada Palabra do Ano 2020 polas persoas que participaron ata o pasado 25 de decembro na elección popular promovida polo Portal das Palabras, a páxina web para a divulgación do léxico galego da Real Academia Galega e a Fundación Barrié.  A voz gañadora salienta algo bo dun ano ben complicado, a celebración do centenario da xeración Nós , e olla cara ao futuro con optimismo porque nos lembra tamén que saírmos da crise global provocada polo SARS-CoV-2 depende da primeira persoa do plural máis absoluta, xusto nun momento en que cobra forza outra das palabras finalistas cuxo éxito dependerá da implicación de todas e todos nós: vacina.

A PALABRA DO ANO

Imagen
 Como cada ano, coma unha iniciativa da RAG e a Fundación Barrié, dende o Portal das Palabras escóllese a P alabra do Ano: "A lingua é un espello do que somos, do que queremos ser, do que nos ocupa e preocupa en cada momento a cada un, a cada unha de nós; a todos e todas como sociedade . O lugar onde as palabras existen con máis intensidade é a actualidade, ese día a día compartido no que, neste 2020 máis ca nunca, o público e o privado conflúen. Por iso, escoller unha Palabra do Ano significa tomar ao mesmo tempo conciencia do valor da lingua e do que designan as palabras que escollemos e creamos. Que a maioría decida a palabra que identifica o ano que remata pode ser así un xeito de resumirmos como o vivimos. No bo ou no malo. Tamén pode ser unha maneira de redimírmonos daquilo que se quere deixar atrás. Ou unha forma de buscar acougo. Vós decidides. Vós tendes a palabra . "       Este ano as finalistas son: O período de votación remata ás  23:59 horas do día 25 de decemb

FELICITANDO O NADAL DENDE O CEIP PENA DE FRANCIA

Imagen
Neste distanciador ano Covid queremos unir as nosas voces e a nosa ilusión para desexarvos a toda a Comunidade Educativa do noso centro un BO NADAL cheo de ledicia. Que a música, que xa nos uniu no confinamento, siga sendo portadora de todo o BO que permanece nos nosos corazóns e sexa quen de superar todas as distancias.    Ánimo, que xa falta menos e sobretodo ,  SENTIDIÑO E SAÚDE!!!                                                   EDUCACIÓN INFANTIL EDUCACIÓN PRIMARIA(1º,2º E 3º ) EDUCACIÓN PRIMARIA (4,5 e 6ºA)(Voces do alumnado) EDUCACIÓN PRIMARIA (4,5 e 6º B)(Voces do alumnado)

O NADAL NA ESCOLA

Imagen
 

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: DECEMBRO

Imagen

O GALEGO NA MIÑA VIDA: Ángel Carracedo

Imagen
Ángel Carracedo (Santa Comba) é doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela.  É profesor de Medicina Legal, Ética Médica, Xenética Forense, Medicina Xenómica e Molecular e Xenómica e Enfermidades Xenéticas na facultade de Medicina e Odontoloxía da devandita universidade. É catedrático de Medicina Legal desde 1989 e foi director do Instituto de Medicina Legal da USC (entre 1994 e 2012).  É director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia), director do Centro Nacional de Genotipado-ISCIII, ademais de xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras (CIBERER) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santigo de Compostela (IDIS). O grupo de Medicina Xenómica que coordina consta de 10 grupos de investigación, varias plataformas tecnolóxicas e arredor de 100 persoas.  Ten publicados 12 libros e mais de 600 artigos en revistas internacionais (SCI) incluíndo artigos en Nature, Science, NatureGenetics, ademais das principais revistas de xené

25 de Novembro: Día contra a violencia de xénero

Hoxe, e todos os días  MANIFESTO  A educación amósase imprescindíbel para erradicar unha das maiores e máis perniciosas lacras en todas as partes do planeta: a violencia que se exerce cara as mulleres. Esta violencia prodúcese en todos os ámbitos da sociedade. De maneira explícita, a través dos malos tratos, os feminicidios, a explotación e tráfico con fins sexuais, nos conflictos armados ou no acoso sexual; e de maneira simbólica ao través dos medios de comunicación, a violencia disculpada nas tradicións culturais e relixiosas ou a violencia institucional tolerada e silenciada. Por todo isto , precisamos dunha escola onde se supere a histórica invisibilidade das mulleres e onde se enseñe e se aprenda a construir a igualdade entre mulleres e homes. Ao mesmo tempo que fomentar cambios cognitivos, emocionais e actitudinais que permitan construir unha convivencia entre todas as personas rexida polos principios de xustiza social, equidade, e igualdade.

25 de novembro: Día contra a violencia de xénero(1º parte)

Imagen

ANIVERSARIO DO PRESTIGE: CRONOLOXÍA DUN DESASTRE ANUNCIADO

Imagen
Pasaron xa 18 anos desa chamada por radio. Pasaban das tres da tarde, cando un barco con bandeira das Bahamas pedíu socorro frente a Costa da Morte, porque un golpe de mar abrira unha fenda no casco dese vello barco...un casco que custodiaba 77.000 toneladas de petróleo, que se filtraban, sen descanso, as costas galegas.  Era un mércores 13 de novembro do ano 2002 cando escomenzou a maior traxedia ecolóxica da historia de España. Conforme pasaban as semanas, o petróleo que seguía expulsando o petrolero afundido acercábase cada vez máis á costa ata que escomenzando o año 2003 as manchas de cru chegaron a mesma, orixinando un desastre ecolóxico de enormes proporcións.  Kilómetros de costa cubertos de chapapote, milleiros de aves e especies marinas mortas cubertas de petróleo.  Unha ola de solidaridade inundou toda España con miles de voluntarios que durante meses afanáronse en limpar o “chapapote” que quedó esparexido e adherido por toda a costa galega.  Creóuse o movemento  &quo

RESISTIREI: VERSIÓN GALEGA

Faltaba a versión da nosa terra, cantada por unha pandereteira "a capela" da que destaco unha frase que reseña a parte da poboación que peor o pasou: 《 Somos maiores pero non somos vellas, diremoslle o mundo o que sabemos facer 》  

NOVWE MESES, NOVE CANCIÓNS: NOVEMBRO. O MAGOSTO

Imagen
Unha das festas populares e tradicionais da nosa Terra é a coñecida como Magosto. Celebrada en todas as comarcas do noso País, mais con especial arraigo na zona de Ourense, Lugo e O Bierzo, organízase entorno á recollida de castañas. Antano preparábanse as fogueiras con rachóns de breixo para asar as castañas recollidas no monte. Os mozos e as mozas da aldea saltaban por riba do lume, purificándose co fume e pasándose a borralla do carbón pola cara. As datas dos magostos galegos varían dependendo da rexión de Galicia na que nos encontremos, achándose principalmente entre o 1 de Novembro, Día de Tódolos Santos, e o 11 de Novembro, Día de San Martiño . Antigamente facíanse os magostos no adro das igrexas e nos camposantos galegos, pois a castaña simbolizaba a inmortalidade ao provir dunha árbore de longa vida como é o castiñeiro, que pode chegar a durar séculos, e que se pensaba que conectaba aos vivos co alén. Dise que a cada castaña que estalaba no lume supoñía a liberación dunha ánima

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

Imagen
Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai once anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica. Como todos os ano s, Igaciencia  (Institución Galega de Ciencia) propón dedicarlle o Mes da Ciencia a dous científicos, un estranxeiro e outro galego.  O científico estranxeiro deste ano é Robert Koch , microbiólogo alemán, considerado un dos pais da bacterioloxia, que descubriu os bacilos da tuberculose e do cólera e foi premio Nobel de Medicina en 1905.  Dado que a Asemblea das Nacións Unidas decidiu declarar 2020   "Ano internacional da sanidade vexetal" , optouse por escoller como científico galego o profesor Ernesto

SAMAÍN NO CEIP PENA DE FRANCIA 2020

Imagen
Un ano máis na escola celebramos a festa do Samaín , aínda que este curso dun xeito algo diferente por mor das circunstancias especias nas que nos atopamos. Moitas grazas a todo o alumnado e os pais/nais pola enorme participación e pola gran creatividade e interese amosado.                                                               Educación Infantil Educación Primaria( 1º,2º.3º,4º) 5º e 6º E Primaria

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: A BANDA DA LOBA - Adondar a lingua

Imagen
O tacto da fariña nas mans, o sal na punta da lingua e o arrecendo do fermento. Ver como o aire vai inzando a masa lentamente e o son do lume vai quecendo o forno. Contamos con todos os ingredientes, con toda a sabedoría precisa para coidar desta masa nai que nos foi entregada. Para alimentarnos, para vivir, para sentir: adondemos a lingua . Videoclip publicado o 31 de outubro de 2020 con motivo da celebración do día das Letras Galegas.

DIGOCHO EU

É un pequeno programa que naceu na TVG coa intención de mellorar as competencias e tamén as dúbidas e dificultades no uso da nosa lingua dun xeito claro e sinxelo..e este vai ser tamén o noso obxectivo recoller todas esas dúbidas que se nos presentan no emprego da nosa lingua e que dun xeito sinxelo resolven este vídeos. Escomenzamos co primeiro...

#DígochoEu Non digas *bueno.

Imagen

HISTORIAS DE SAMAÍN

CANCIÓNS DO SAMAÍN

Desde o Ceip Pio XII, Olga Abeixon amósanos esta magnífica selección de cancións sobre o Samaín.

CONTAXIO : Un conto didáctico e emocional en tempos da COVID-19

Imagen
Contaxio  narra a viaxe polo dicionario desta palabra tan repetida actualmente e da súa relación coas demais. Este conto pretende sumar o seu grao de area para promover o dereito dos nenos, nenas e adolescentes á educación e a estar informados dos temas que lles afectan: un conto que fala da actualidade, das implicacións do coronavirus, un conto para a historia.  

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: OUTUBRO

Imagen
Este mes celébrase en toda Galicia a tradicional festa do Samaín e imos aprender unha marchosa canción que nos fala desta festa: O Samaín de Uxía Lambona e a Banda Molona .

NOVE MESES, NOVE CONTOS: O OUTONO. CORRE, CORRE CABACIÑA

Imagen

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS- SETEMBRO

Imagen
Dende o EDLG do CEIP García Barbón fixeron unha bonita canción cas normas imprescindibles que todos e todas temos que respectar para poder seguir disfrutando desta volta ao cole.         Benvidos/as a este NOVO CURSO ESCOLAR!!!

DIPLOMA PARA TODO O NOSO ALUMNADO

Imagen
Desde o EDLG queremos felicitar a noso alumnado por seu excepcional comportamento durante este último trimestre tan díficil, no que tivemos que facer tantos cambios e tan repentinos e pola súa capacidade de adaptación a unha situación tan extraña para que ningún de nos estabamos preparados.    Por eso este: Diploma de Felicitación......Felices vacacións ....e Moito ánimo para o próximo curso. .. SE CLIKAS NA FA IMAXE, PODERÁS OBTELO EN FORMATO PDF PARA IMPRIMIR

9 MESES,9 CANCIÓNS .XUÑO. XOTA DE ALABAMA

Imagen
Estamos xa rematando este tan extrano curso, e queremos facelo ben, coa esperanza e a ledicia dos reencontros que os nosos amigos Tamara e Álex comparten con nós nesta fermosa canción:  "Xota de Alabama"   Adicada as familias e amig@s separad@as polo confinamento Pois alá imos!!! A música alimenta os corazóns e nas "Illas de sal" de Xabier Díaz , co marabilloso baile de Sofía, todo arrecende a verán e ao que a xenerosa Natureza nos regala. Unha gozada para comezar ben as vacacións. Coidádevos moito e bos reencontros!!

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2020(en confinamento)

Imagen

NON SERÁ PARA SEMPRE

Imagen

PALABRAS BONITAS

Os máis pequenos da escola amósannos a súas palabras preferidas no Galego

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Imagen
Cada 17 de maio, na cerna da primavera, celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propia. A través dela rememoramos o pasado, nomeamos o presente e construímos o futuro.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2020 NO PENA DE FRANCIA (En confinamento)

Imagen
Como cada ano cando chegaban estas datas na nosa escola celebrábamos por todo o grande un Festival para festexar a nosa Lingua, O GALEGO, e porque nos sentimos orgullosos e orgullosas  de poder comunicarnos nunha lingua tan fermosa....pero este ano o confinamento.....deixounos sen ese festival.....pero non nos resignamos a deixar de facer algo como escola..... Por iso, propoñémosvos unha simpática e fácil actividade :  Primeiramente tedes que escoitar esta fermosa música do video desta entrada .....xa veredes como deseguida vos entran ganas de bailar e despois simplemente sacades unha foto bailando ( pode ser só, en parella, coa vosa mascota, con toda a vosa familia.....) e enviadela antes do día 18 de maio   ó  correo da vosa titora/titor. ...con todas as fotos recibidas faremos unha montaxe, que nos lembrará esta peculiar celebración das Letras Galegas 2020 "CALQUERA PROBLEMA DO MUNDO SE PODE ARRANXAR BAILANDO" James Brown

LETRAS GALEGAS: O MISTERIO DA CASA DE CARBALLO CALERO

Imagen
É para rematar con tantas e tan variadas propostas un divertido xogo, creado por Anuska a través do programa Genially.                                            

LETRAS GALEGAS ( 4º PARTE)."AS PITAS BAIXO A CHOIVA"

Imagen
Álbum ilustrado co texto orixinal do relato "As pitas baixo a choiva", publicado por don Ricardo Carvalho Calero na revista arxentina Lar en 1952. A presente edición, ilustrada por Alberto Toval, respeta a grafía orixinaria escollida polo autor naquela altura CLIKA NA IMAXE E ACCEDERÁS O CONTO

LETRAS GALEGAS (3º PARTE)

Imagen
Magnífico material que nós chega desde a  Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra ,  que comparte de balde co todas as escolas.                   Se clikas no en lace ,poderás acceder a Unidade didáctica As pitas baixo a choiva by A banda das pitas

LETRAS GALEGAS.2º PARTE

Imagen
Como cada ano por estas datas o Seminario Galán ofrecenos un variado repertorio de actividades para facer en liña(actividades lim) ou material en pdf para imprimir ou compartir co noso alumnado, e sempre axeitando dito material a súa idade .....por iso parécenos máis interesante que sexades vós os que seleccionedes o material que se adapta máis o voso alumnado.      Este é o enlace o seu material                              http://www.seminariogalan.org/

LETRAS GALEGAS. 1º PARTE

Imagen
A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.                                       Este ano está adicado a                 Ricardo Carvalho Calero Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Deixovós aquí un interesante material elaborado polo Colexio San Pío X (Ourense).           

ADICADO A TODAS AS NAIS.....

Imagen
Primer single de "As catedrais silenciadas" de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre (Músicas de Salitre) )

OS MAIOS

Imagen
 Os Maios son unha das festas con maior tradición de Galicia e teñen como orixe dar a benvida á primavera. O seu elemento central é a representación ornamental a través de fiúncho, musgo, herbas, flores, froitas ... A xente canta arredor do Maio coplas ou cantigas.    Estes son algúns dos maios construidos na escola outros anos.....

PROFE, E AGORA QUE FAGO? Editorial Triqueta

Imagen
A Editorial Triqueta comparte connosco este divertido libro. Con este libro gratuíto intentamos pór o noso gran de area para que estes días de confinamento sexan máis levadeiros para os nenos e nenas e amosar así que, aínda que non poidamos ir ao colexio, desde a casa podemos seguir a aprender facendo actividades lúdicas e divertidas. Porque aprender non ten que ser sinónimo de aburrime. Clika na imaxe e accederás o libro completo

#10 Save Galicia

Imagen

#envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais

Imagen
Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais ( Twitter , Facebook , Instagra m e Youtube ).  A partir do 18 de marzo de 2020, e coas etiquetas #envozpropia, #librosxerais, #literaturagalega, #quedanacasa, Xerais leva publicados 33 vídeos de autoras e autores editados nas distintas coleccións do seu catálogo.                    CLOKA NO ENLACE E PODERÁS ACCEDER  OS VÍDEOS DOS/AS AUTORES/AS

9 MESES,9 CANCIÓNS :TODO O DÍA NA CASIÑA

Imagen
Nunca mellor escollido o título e a canción......que a disfrutedes moitooooo!

AGASALLO DE LIBROS DE BAÍA EDICIÓNS NO DÍA DO LIBRO

Imagen
En Baía Edicións estamos convencidas de que a única forma de frear a pandemia en Galicia neste momento pasa polo peche total e limitación de movementos. En consecuencia, non enviaremos libros, xa que pasan por moitas mans durante a viaxe. Sabemos que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co beneplácito das súas autoras e autores deixamos unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. Só pedimos que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa. Si clikas na imaxe de abaixo, poderás acceder gratuitamente a unha morea de interesantes libros en galego. Asi que ánimo e non perdas a oportunidade!!!!!

UN CONTO SOBRE O CORONAVIRUS

Un fermoso CONTO ,ilustrado con papiroflexia, que nós fala deste terrible coronavirus e como protexernos do mesmo.                                           DISFRUTÁDEO MOITO!!!

DÍA DE ROSALÍA

Imagen

DÍA DA MULLER NA CIENCIA

Imagen
Desde sempre, as mulleres fomos invisibilizadas en todos os eidos da sociedade. Calquera mostra de inquedanza, calquera intento de formación, calquera demostración intelectual que puidera poñer en cuestión que pertencemos ao ámbito privado, eran motivos suficientemente válidos para imposibilitar o noso acceso a información.  Hoxe, Día Internacional da Muller na Ciencia , e todos os días homenaxeamos a todas aquelas mulleres bravas, que se revolucionaron contra a sociedade patriarcal, reivindicando un ensino feminista e científico

ENTROIDO NA ESCOLA

Imagen
Este ano imos a aprender algo máis sobre un dos entroidos máis representativos de Galicia:                                                   As Pantallas de Xinzo.

NOVE MESES,NOVE CANCIÓNS: XANEIRO.

Imagen