Entradas

Mostrando entradas de enero, 2019

FALEMOS COMO GALEGOS

          Os nenos e nenas dos cursos de 5º A e B de Primaria fixeron un excelente traballo de investigación. Estiveron na procura de expresións típicas e ditos da nosa lingua.           Con todo o atopado montaron unha exposición no corredor para poder compartilo co resto do alumnado do centro. Moi bo traballo, rapazas e rapaces!!

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: XANEIRO

     A finais deste mes celébrase o día da paz, así que para irnos preparando cara esa data imos propoñer como canción do mes " Baile da Paz " de Mamá Cabra. A nosa mestra de música xa está a preparar algúns pasos de baile para acompañar esta canción.      Aquí vos queda, para que a vaiades escoitando.