Entradas

Mostrando entradas de 2019

INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO

Imagen

PALABRA DO ANO 2019

Imagen
O Portal das Palabras abriu o prazo para escoller a Palabra do Ano 2019, comezando polas propostas populares das verbas aspirantes. Após votación, a escollida darase a coñecer 27 de decembro.   Así que xa sabes....Anímate e a votar. Clika no enlace e irás directamente a páxina  https://portaldaspalabras.gal/unha-destas-sera-a-palabra-do-ano-2019/

Rosalía de Castro e o río Sar xa alumean no ceo

Imagen
O nome da poeta galega dá nome á estrela HD 149143 e o río que atravesa a capital galega ao planeta HD 149143 b grazas a miles de votos en todo o mundo nunha votación online. Se pinchas no enlace,poderás acceder a información máis detallada http://www.crtvg.es/informativos/rosalia-de-castro-xa-loce-no-espazo-co-nome-dunha-estrela  

"A INSURXENCIA ESTÁ POR VIR" de EZETAERRE

Este grupo de rap combativo leva dende o ano 2015 tentando despertar as conciencias adormecidas de moitos xovenes co seus temas profundamente reivindicativos e ademáis feitos en galego . Acaban de publicar un novo videoclip "A insurxencia por vir" no que fala de temas tan de actualidade como a contaminación, do xogo e as casas de apostas e da xuventude.                                                

PANXOLIÑAS DE NADAL (2º PARTE)

Imagen
3º E Primaria: Chegou o Nadal. 4º E Primaria: Volver a casa polo Nadal 5º E Primaria: Na casa da miña avoa 6º E Primaria: O Cometido

PANXOLIÑAS DE NADAL

Imagen
Como cada ano na escola recuperamos esa fermosa tradición do Nadal dos "Cantos de Reis" nos que participa todo o alumnado con distintas panxoliñas. Estas son as escollidas para este ano: E INFANTIL: Xa me tardan ese magos. 1º E Primaria: Buscando unha estrela. 2º E Primaria: Polo Nadal turrón e mazapán.

25 de NOVEMBRO NO CEIP PENA DE FRANCIA

Imagen
Hoxe, 25 de novembro,é o Día Internacional pola Eliminación  da Violencia contras as Mulleres.                                      Contra os asasinatos gritamos VIDA.                            Contra os abusos e violacións precisamos RESPECTO.                             Contra o maltrato berramos DIGNIDADE.                            Contra o medo esiximos LIBERTADE.                             Contra as sumisións de todo tipo o único camiño é a IGUALDADE.                                ENTRE TODAS E TODOS TEMOS QUE CONSEGUILO.

NON A VIOLENCIA DE XÉNERO : 25 DE NOVEMBRO

Imagen
  O único camiño para eliminar a violencia machista é un cambio social onde as mulleres teñamos os mesmos dereitos e sexamos consideradas cidadás de primeira, como os homes. Unha sociedade onde non sexa necesario falar de cotas para que as mulleres asuman postos de responsabilidade nas empresas. Unha sociedade onde non se cuestione continuamente a valía das mulleres e onde non se someta a escrutinio o noso aspecto físico.  . Unha sociedade onde os roles sexistas desaparezan.

SER GALEGO MOLA

Imagen

MICROMACHISMOS

A Asociación Berenguela Pola Igualdade presenta "Micromachismos. Machismo invisibilizado", un vídeo colaborativo e interxeracional feito coa participación de veciñas, asociacións e establecementos de Vedra co obxectivo de facer visible o machismo cotiá, tan arraigado que chega a ser imperceptible.

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS. NOVEMBRO

Imagen

SAMAÍN NA ESCOLA

Como todos os anos, e grazas a colaboración das nais e pais da escola, a exposición das cabazas de Samaín foi unha auténtica mostra de orixinalidade e creatividade.                               GRAZAS A TODOS E TODAS OS QUE PARTICIPÁCHEDES.                                     FELIZ SAMAÍN!!!  

O SAMAÍN. INFORMACIÓN

Presentacion samain from Rosa María Cajade Rodríguez Conto do samain de Silvia López

DÍA DAS ESCRITORAS

Imagen
Este mes se celebra o IV Día de las Escritoras baixo o lema “Mujeres, amor y libertad”, sumámonos á Biblioteca Nacional no seu obxectivo de “difundir o legado cultural das escritoras do ámbito hispánico e hispanoamericano e lembrar as dificultades que, no pasado, impediron tanto o desenvolvemento da súa obra como o xusto recoñecemento ao seu labor cultural". Nomeamos ás escritoras homenaxeadas para dar visibilidade a esta edición: Feliciana Enríquez De Guzmán, Ana Caro de Mallén, Sor Juana Inés de la Cruz, Isabel María Morón, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Carmen de Burgos, Tene Mujika, Anna Murià, Alfonsina Storni, Dulce María de Loynaz, Ernestina de Champourcín, Maruxa Orxales, Carmen Laforet, Esther Tusquets, Alejandra Pizarnik, Montserrat Roig, Dulce Chacón e Teresa de Jesús http://diadelasescritoras.bne.es/edicion-2019/ Se queres saber máis sobre o tema, pincha no enlace superior

SC. Atréveste a vivir a experiencia?

Imagen
Esta interesante campaña foi levada a cabo pola Mesa da Normalización Lingüística para garantir os dereitos linguisticos do galego no ámbito socioeconómico e presentada en forma de capítulos dunha serie inspirada en " Black Mirror".

HISTORIAS PARA NON DORMIR

Imagen
Aínda que esta historia esta narrada en castelán, podemos por unha vez facer unha excepción porque o tema ben merece a pena. Unha curta de Alejandro Ibañez serrador en colaboración coa ONG "Save the Children".                                                    

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: OUTUBRO

Imagen
Este mes escollimos a estupenda canción de Paco Nogueiras sobre  "O Samaín" para aprender na escola. Ademáis dun que da moito medo ...

UXÍA E MARÍA FUMAÇA

Imagen
Uxía,  a nosa cantante mosense máis universal e cunha dilatata e importante carreira musical , explicannos neste vídeo como xurde María Fumaça e a extraña evolución para converterse nun proxecto musical de tal éxito.          Merécea a pena escoitala!!!

ECOLINGÜISMO

Unha ecoguía da campaña "O galego é o noso medio natural" da ärea de Normalización Lingüistica da Universidade de Vigo en colaboración coa Coordinadora galega de EDLG. Ecolingüismo o galego é o noso medio natural from Coordinadora Galega ENDL

UN MINUTO DE SILENCIO POLO CAMBIO CLIMÁTICO

Imagen
Hoxe a nosa escola participou nesa convocatoria global para tomar medidas contra o cambio climático que está á acontecer no noso planeta.

VIVINDO EN GALEGO

Imagen
Vídeo realizado pola Coordinadora  galega de ENDL do Morrazo. Un vídeo en defensa da nosa lingua en todos os sectores profesionais.

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: SETEMBRO

Imagen
Como todos os anos iniciamos un novo curso aprendendo novas cancións......unha forma lúdica e divertida de achegarnos a nosa lingua. 

INICIAMOS NOVO CURSO: LINGUA GALEGA

Imagen
Esta breve curta de  Manuel Singala  sobre a lingua galega e a súa situación no mundo pretende sensibilizarnos contra o uso dos prexuizos e a sensiblización sobre a nosa lingua..."esa sensación ambiental de que a opción do galego é antiga, errada, minoritaria , rural.......                                   Así que ánimo .....e a escomenzar un bo curso e EN GALEGO, Por que non?

HIMNO GALEGO

       A próxima semana celebraremos no colexio o Día das Letras Galegas, e coma todos os anos, ao rematar as actuacións cantaremos todos xuntos o himno galego. Para que a vaiades practicando, deixamos aquí un vídeo coa letra e unhas fermosas imaxes da nosa terra. Esta versión do himno galego está interpretada pola cantante Lucía Pérez e pertence o seu albume Dígocho en galego.

VIDA E OBRA DE ANTÓN FRAGUAS

     Antón Fraguas é o protagonista do Día das Letras Galegas deste ano 2019. Foi escritor, etnógrafo, etnólogo e galeguista histórico. O seguinte vídeo recolle algúns datos da súa vida. 

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: MAIO

      Xa chegou o mes de Maio, e con él cheganos unha nova proposta de canción. Desta vez, tamén escollemos unha de Paco Nogueiras titulada  Meu o mundo é!

DÍA DO LIBRO

Imagen
     Calquer día é bo para ler un libro, ainda que hoxe, 23 de Abril, é o día da súa celebración, que se remonta ao ano 1926.      Nun 23 de Abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, por iso esta data que é tan simbólica para a literatura, foi a escollida para rendir homenaxe mundial ó libro. 

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: ABRIL

        Aproveitando que no mes de Abril temos a celebración do Día do Libro, suxerimos para esta sección a canción Nun libro  de Paco Nogueiras, incluida no seu álbume "Brinca Vai!"

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: MARZO

     A primavera xa chegou, solleira e florida... os días van facéndose máis longos e co solpor os grilos comezan a cantar.       Así que como proposta para este mes, que mellor que cantar nós a canción titulada "A primavera" de Mamá Cabra que narra ó pé da letra a estación que estamos empezando a experimentar. 

DÍA DA POESÍA

Imagen
     Hoxe celébrase o Día Internacional da Poesía ademáis do Día da Árbore. Por iso, para celebrar estas datas, propúxoselle ó alumnado crear haikus en galego. O haiku é unha miniatura poética de 17 sílabas, distribuidas en 3 versos. Procede do milenario Xapón e adoita facer referencia a escenas da natureza ou da vida cotiá. 

O ENTROIDO

     Esta semana celebramos a festa do Entroido, que culminará o venres día 1 de marzo co desfile de disfraces. Cada día, o alumnado vai cumplindo os mandatos do Meco.       Tamén vaise facer unha pequena investigación dende as clases, sobre as diferentes máscaras que se poden atopar ó longo de toda a xeografía galega.       Así que, para ambientarnos un pouco, temos aquí un vídeo que consiste nunha montaxe feita antes do desfile dos Entroidos Turísticos de Galicia polas rúas de Santiago de Compostela en xaneiro de 2015.

ACTO CONMEMORATIVO

     Hoxe baixamos o salón de actos, polos nosos chanzos versados,  para festexar o día de Rosalía. Conmemoramos esta data recitando algúns versos, cantando "Adeus ríos, adeus fontes" e bailando ó son da "Alborada de Rosalía".

DÍA DE ROSALÍA

Imagen
     Hoxe, día 24 de febreiro, celébrase o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.       Hoxe, Galicia enteira festexa esta data con numerosos actos en recordo da poetisa: intervencións teatralizadas, ofrendas florais, degustacións do "Caldo de Gloria" según a receita da poetisa, conferencias, interpretacións musicais e lectura de poemas.       Mañán faremos no colexio unha pequena homenaxe a escritora para celebrar o seu nacemento. 

AMBIENTACIÓN PARA O DÍA DE ROSALÍA

      O luns imos celebrar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (24 febreiro 1837). O alumnado fixo un traballo excepcional decorando versos de célebres poemas da autora. Con estes versos foise cubrindo paredes e chanzos do colexio. Ademais tamén se encheu un mural co nome de Rosalía en diferentes tipografías. 

A CASA DE ROSALÍA

     Rosalía de Castro residiu os últimos anos da sua vida nunha casa preto do casco urbano de Padrón. Agora é un museo onde se atopan recordos e obxectos persoais.      Neste vídeo poderedes ver como é a casa tanto por fóra coma por dentro, e escoitar algúns retazos da vida desta gran poetisa.

ROSALÍA DE CASTRO

        Se queredes saber un pouco  da vida desta gran muller, considerada unha das grandes figuras da nosa literatura, dexámosvos aquí un interesante traballo, atopado na rede, que ilustra moi ben quen foi Rosalía de Castro.

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: FEBREIRO

       Este mes é moi especial xa que o día 24 de febreiro naceu Rosalía de Castro. Por iso, como é unha xornada a celebrar, queremos festexala cantando un dos seus poemas mais destacados, "Adeus ríos, adeus fontes" , musicado ademais por un gran cantautor e compositor, Amancio Prada. 

MANS POLA PAZ

Imagen
          Na semana do 30 de Xaneiro, día da Paz, todo o alumnado participou na decoración dos corredores do cole elaborando a silueta do seu brazo coa man aberta como símbolo representativo por unha humanidade pacífica. Cada quen escolleu un idioma distinto para escribir a palabra PAZ nas palmas das mans. 

FALEMOS COMO GALEGOS

          Os nenos e nenas dos cursos de 5º A e B de Primaria fixeron un excelente traballo de investigación. Estiveron na procura de expresións típicas e ditos da nosa lingua.           Con todo o atopado montaron unha exposición no corredor para poder compartilo co resto do alumnado do centro. Moi bo traballo, rapazas e rapaces!!

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: XANEIRO

     A finais deste mes celébrase o día da paz, así que para irnos preparando cara esa data imos propoñer como canción do mes " Baile da Paz " de Mamá Cabra. A nosa mestra de música xa está a preparar algúns pasos de baile para acompañar esta canción.      Aquí vos queda, para que a vaiades escoitando.