Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2018
Imagen

PANXOLIÑAS DE CONCURSO

          A televisión de Galicia leva xa 4 anos organizando un concurso de cancións en galego, "Este Nadal canta con nós". Cada ano, de entre moitas cancións presentadas seleccionan unha gañadora.            Aquí tedes dúas de mostra: a gañadora do ano 2016 que se titula "O meu Nadal perfecto" de Iván Vale, e a canción gañadora do ano pasado titulada "Cando é Nadal". Os intérpretes desta última son os alumnos e profesores do CEIP San Clemente de Caldas de Reis. Noraboa por ese traballo tan ben feito!!! 

INTERCAMBIO DE POSTAIS

Imagen
          Ó longo desta semana cada neno e cada nena vai elaborar unha postal navideña para así felicitar estas festas a outro compañeir@ do noso cole.           Os buzóns colocaránse nas portas o xoves 20, e teremos ate o día 21 para ir enchéndoos cas nosas misivas.            De seguro que van ser unhas postais preciosas e sorprendentes xa que a imaxinación do noso alumnado non ten límites.                       

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: DECEMBRO

         Neste mes de Decembro imos adicar esta sección á preparación de seis cantigas do Nadal que serán interpretadas (unha por nivel) o venres 21 de decembro.           A  cada curso tócalle cantar a outro curso veciño, e deste xeito rememoramos unha tradición típica das nosas festas, xa que grupos de xente a cantar polas portas dos veciños esperando recibir un aguinaldo era unha tradición moi popular na nosa terra. En qué consistía ese aguinaldo? Pois nunha lambetada, comida ou algún outro agasallo.            Ademáis estes cánticos  teñen diferentes nomes según a data nas que os vaiamos cantar: no Nadal son panxoliñas, en fin de ano xaneiras, manueis ou aninovos e en Reis chámanse cantares de reis ou aguinaldos.            Así que xa sabedes, afinade as vosas voces porque o 21 de decembro non se sabe o que podedes atopar tralas portas dos vosos veciños.                         LISTADO DE CANCIÓNS POR CURSOS:                 1º A-B    NADAL (Mamá Cabra)            

25- N: ACTO CONMEMORATIVO NA ESCOLA

     Por fin chegou o día, e todos xuntos baixamos ó salón de actos para conmemorar o Día da Non Violencia de Xénero. Despois dunhas emotivas verbas por parte dos nos@s nen@s de sexto, todo o alumnado cantou as cancións que tiñamos preparadas. Quédavos de mostra un vídeo cos momentos máis relevantes.