Entradas

Mostrando entradas de 2018
Imagen

PANXOLIÑAS DE CONCURSO

          A televisión de Galicia leva xa 4 anos organizando un concurso de cancións en galego, "Este Nadal canta con nós". Cada ano, de entre moitas cancións presentadas seleccionan unha gañadora.            Aquí tedes dúas de mostra: a gañadora do ano 2016 que se titula "O meu Nadal perfecto" de Iván Vale, e a canción gañadora do ano pasado titulada "Cando é Nadal". Os intérpretes desta última son os alumnos e profesores do CEIP San Clemente de Caldas de Reis. Noraboa por ese traballo tan ben feito!!! 

INTERCAMBIO DE POSTAIS

Imagen
          Ó longo desta semana cada neno e cada nena vai elaborar unha postal navideña para así felicitar estas festas a outro compañeir@ do noso cole.           Os buzóns colocaránse nas portas o xoves 20, e teremos ate o día 21 para ir enchéndoos cas nosas misivas.            De seguro que van ser unhas postais preciosas e sorprendentes xa que a imaxinación do noso alumnado non ten límites.                       

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: DECEMBRO

         Neste mes de Decembro imos adicar esta sección á preparación de seis cantigas do Nadal que serán interpretadas (unha por nivel) o venres 21 de decembro.           A  cada curso tócalle cantar a outro curso veciño, e deste xeito rememoramos unha tradición típica das nosas festas, xa que grupos de xente a cantar polas portas dos veciños esperando recibir un aguinaldo era unha tradición moi popular na nosa terra. En qué consistía ese aguinaldo? Pois nunha lambetada, comida ou algún outro agasallo.            Ademáis estes cánticos  teñen diferentes nomes según a data nas que os vaiamos cantar: no Nadal son panxoliñas, en fin de ano xaneiras, manueis ou aninovos e en Reis chámanse cantares de reis ou aguinaldos.            Así que xa sabedes, afinade as vosas voces porque o 21 de decembro non se sabe o que podedes atopar tralas portas dos vosos veciños.                         LISTADO DE CANCIÓNS POR CURSOS:                 1º A-B    NADAL (Mamá Cabra)            

25- N: ACTO CONMEMORATIVO NA ESCOLA

     Por fin chegou o día, e todos xuntos baixamos ó salón de actos para conmemorar o Día da Non Violencia de Xénero. Despois dunhas emotivas verbas por parte dos nos@s nen@s de sexto, todo o alumnado cantou as cancións que tiñamos preparadas. Quédavos de mostra un vídeo cos momentos máis relevantes. 

25 DE NOVEMBRO

     Para celebrar este día, o próximo venres 30 de novembro faremos un pequeno acto conmemorativo onde xuntos cantaremos cancións. Aquí as tedes para ir practicando o longo desta semana. 🎶

DIA DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Imagen
        Hoxe conmemórase o Día Internacional da Non Violencia de Xénero. E cal é o motivo de escoller esta data? Pois ten que ver cun feito histórico.         O 25 de novembro de 1960 as irmáns Mirabal foron asasinadas na República Dominicana pola policía secreta. Elas foron unhas importantes activistas na loita pola liberdade. Chamóuselles "As bolboretas" xa que ese era o seudónimo co que se identificaban na clandestinidade.         En 1981 propúsose esta data polo seu valor simbólico ainda que non foi ata 1999 cando a ONU declarou o 25 de novembro " Día Internacional contra a Violencia hacia a Muller" Irmáns Mirabal

FESTA DO MAGOSTO

     O pasado xoves, 15 de novembro, celebramos o magosto. Comezamos as 11:15 cos xogos e de seguido demos conta das castañas preparadas polo noso conserxe Juan (boísimas este ano!... por suposto moitas gracias as familias pola participación).  Pasámolo fenomenal e rematamos a festa cantando e bailando, algúns incluso cambiando de cor a súa faciana! 😁        Aquí vos queda unha mostra do que fixemos ese día. 
Imagen

LARETADAS

      O pasado martes 6 de novembro comezamos un proxecto chamado Laretadas  no que participaron os nen@s de 5º e 6º de primaria. O obxectivo desta proposta é potenciar a fala do galego, ademáis por suposto, de pasalo ben e disfrutar das representacións.        Así que, se queredes participar só tedes que preparar unha pequena producción de non máis de 3 ou 4 minutos e podedes facelo sós ou en compaña doutros. As produccións poden ser poesías, conversas, cantigas, refráns, chistes, noticias e todo aquilo que se vos ocurra.         Se queredes ver como foi a estrea de Laretadas , só tedes que pinchar no vídeo. 

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: NOVEMBRO

      Chegou novembro e neste mes imos celebrar o Magosto.       Aquí temos dúas cancións que falan diso precisamente. Unha para os máis pequechos titulada Tres castañas polo chan de Susa Herrera. A segunda ten  moita máis letra xa que é un rap... O rap do Magosto de Pac o  Nogueiras.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS NO COLE

     Os nenos e nenas encheron o noso cole de creativas cabazas para celebrar o Samaín. Queremos darlles moitísimas gracias, a eles e as suas familias, por participar nesta festa. Canta imaxinación!       E aquí vos queda unha mostra da exposición destas terroríficas cabazas.

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: OUTUBRO

           Para celebrar o Samaín cantando propoñemos desta vez dúas cancións de Mamá Cabra tituladas Monstros e demáis e O Samaín.

PARA SABER UN POUCO MAIS

        Aquí vos deixamos un pequeno vídeo onde se conta como naceu a festa do Samaín. Que o disfrutedes!! Feliz Samaín!! 🎃                                         

SE QUERES PARTICIPAR ...

Imagen
Imagen

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS

      Xa estamos en Outubro! E qué mellor que comezar esta sección cunha canción de Uxía Lambona e a Banda Molona titulada "O Outono" . Que a disfrutedes e ... a bailar coma tolos!!
Imagen

LETRAS GALEGAS 2018 no CEIP Pena de Francia

Imagen

O GALEGO: "Lingua de reis, Lingua do pobo"

Imagen

LETRAS GALEGAS 2018

Imagen
Un simpático documental realizado polo alumnado do CPI dos Dices de Rois.

LETRAS GALEGAS 2018: Mª VICTORIA MORENO

Imagen
As magníficas actividades Lim do Seminario Galán coma sempre sobre a homenaxeada este ano nas Letras Galegas

eTwinning; RECREANDO A IBARROLA:ESCALENO NO PENA DE FRANCIA

Imagen
O 9 de maio celebramos na escola " O Día de Europa" e "Día de eTwinning "  coa recreación dunha obra de arte  do artista Agustín Ibarrola, que crea un espacio máxico e unha nova relación entre Arte e Natureza.                          

XARDÍN VERTICAL

Imagen

O DEPORTE GALEGO FALA GALEGO

Imagen

MUIÑEIRA DE CHANTADA

Imagen

DÍA DO LIBRO

Imagen

O LEGADO

Imagen

O PARRULO FEO

Imagen
O artista plástico Marcos Escudero, natural de Mos, presenta un fermoso traballo con area para contarnos o conto clásico de " O parrulo feo" e coa colaboración da Agrupación Musical do Rosal. Noraboa por un traballo tan ben feito!!!

A PRIMAVERA

Imagen

DÍA DA POESÍA

Imagen
Una ano máis celebramos o Día da Poesía na escola cunha actividade  que titulamos  “POEMAS NO TENDAL”

VISITA DAS ALPINISTAS CHUS LAGO E VERÓNICA ROMERO

Imagen

INICIATIVA POLOS MONTES QUEIMADOS NOS INCENDIOS

Imagen
Unha fermosa iniciativa da Comunidadde de Montes de Cortellas en Ponteareas vaise levar a cabo o próximo sábado 3 de marzo nesa parroquia.  ÁNIMÁDEVOS a participar nela !!!

CELEBRANDO A ROSALÍA

Imagen

DÍA DE ROSALÍA

Imagen

PIONEIRAS

Imagen
Un fermoso libro publicado por Xerais con textos de Anair Rodriguez e ilustracións de Nuria Díaz. Un álbum para descubrir a doce mulleres que os libros de Historia agochan , unha vez máis, nunha historia escrita por homes.                    

CELEBRANDO A ROSALÍA

Imagen
Pincha na foto para acceder a actividades.

DÍA MUNDIAL DOS HUMEDAIS

Cada ano, a Convención de Ramsar sobre os Humidais celebra o Día Mundial dos Humidais o 2 de febreiro para crear conciencia en todo o mundo sobre a importancia destes e a necesidade de conservalos e utilizalos de forma racional. Os humidais abarcan diversos tipos de ecosistemas tales como lagos, chairas aluviais de inundación e manglares costeiros,ntre outros, e brindan toda unha variedade de servizos importantes para as persoas e o medio ambiente. Actúan como barreiras naturais fronte aos desastres, polo que son valiosos para protexer ás comunidades que presentan un maior risco e son máis vulnerables para os efectos devastadores das inundacións, secas e mareas de tempestade. Con todo, os humidais están a destruírse ou degradando máis rapidamente que ningún outro ecosistema. Os datos máis recentes indican que no último século desapareceu o 64% dos humidais do planeta e que cada ano perdemos o 1 % dos que quedan.  Os humidais drénanse ou degrádanse para abastecer a crecente demand

REFLEXIONANDO SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

PRONOME ÁTONO

Imagen
Un simpatico vídeo para entender a colocación do pronome  átono con AldaoLado.

RAIOLAS DE LUZ

Imagen
Un magnífico documental , elaborado polo CEIP Plurilingue Manuel Bermúdez Couso, que trata sobre a vida dalgúns dos nosos avós e avoas.Nel vese como era a escola, os xogos, os oficios, as festas... Descubrir a historia a través dos noso maiores.

NUN MAR AZUL

Imagen
Un videoclip elaborado pola Asociación Familias Azuis, co apoo da Secretaía Xeral de Política Lingüística da Xunta. para visibilizar o autismo, eliminando falsos mitos e celebrando a diversidade de xeito optimista.

EU TEÑO ALGUÉN

Imagen
Unha fermosa canción peertencente ao albúm de María Fumaça.

O SOLDADIÑO DE CHUMBO

Imagen
Unha fermosa curtametraxe producida por Algarabía animación e que leva recollido numerosos premios e recoñecementos.