Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2016

DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. 8 DE MARZO

Imagen
O 8 de marzo celébrase o cabodano da morte de 192 mulleres en Nova Iorque por defenderen os seus dereitos. Hoxe as reivindicacións non cesan . O mundo avanza pero non para as mulleres: desigualdade laboral, desemprego, malos tratos...Por iso desde a nosa escola reivindicamos unha Educación en Igualdade que permita unha formación integral das nenas e nenos sen diferenciar as mensaxes en función do sexo e educar baixo valores coma o respeto cara os demáis.     Consentimento é fermoso traballo musical que como homenaxe o grupo Leilía fai a toda as mulleres galegas que souberon crear, manter e trasmitir o legado que forma parte da nosa tradición oral. Unha interesante  actividade Lim para coñecer a Clara Campoamor unha das principais impulsoras do sufraxio feminino en España na Segunda República, elaborada por Nela Abella.