Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2016

24 DE FEBREIRO : DÍA DE ROSALÍA

Imagen
O  24 de Febreiro, día do nacemento da escritora, celébrase o Día de Rosalía. A súa densa creación literaria e o seu profundo amor por Galicia convertírona en todo un símbolo da nosa literatura.  Para saber máis sobre a súa vida e a súa obra , clika na imaxe

O GALEGO, LINGUA MINORITARIA ?

Imagen

DÍA DA LINGUA MATERNA

Imagen
 O 21 de febreiro celébrase o Día Internacional de Lingua Materna, en recordo dos estudantes mortos en 1952 en Dacca (Blangladesh) por defender o Bengalí, a lingua do poeta, filósofo, músico e pintor Rabindranath Tagore.     A celebración da Lingua materna da comezo ao Ano das Linguas da Unesco, que ten coma finalidade convencer da importancia de perservar a diversidade e cultural ante o risco de desaparición que corren moitos idiomas do mundo.    Máis do 50% dos aproximadamente 7000 idiomas vivos atópanse en perigo de extinción; de se manter o ritmo actual estes desaparecerán antes de rematar o século XXI (xa que, de media, pérdese unha lingua cada quince días).    Ademáis cómpre lembrar que só un 25% das linguas (sobre unhas 1700) se ensinan na escola.         Desde o equipo de Dinamización da Lingua Galega pensamos que a mellor homenaxe que se lle pode facer a nosa lingua é EMPREGALA.          Clika na imaxe e terás acceso a unha ionteresante guía da Lingua Galega, elabor

NAMORADOS

Imagen
O 14 de febreiro celébrase o Día dos namorados. Namorados da vida, da amistade, da terra, do país no que medras...Manuel María escribiu un fermoso poema que nos fala das marabillas da natureza da nosa terra e dunha nova amistade..." Todo me fala de Ti".  Disfrutade deste video en clave poética.