Etiquetas

16 ene. 2019

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: XANEIRO

     A finais deste mes celébrase o día da paz, así que para irnos preparando cara esa data imos propoñer como canción do mes "Baile da Paz" de Mamá Cabra. A nosa mestra de música xa está a preparar algúns pasos de baile para acompañar esta canción.
     Aquí vos queda, para que a vaiades escoitando.




20 dic. 2018

PANXOLIÑAS DE CONCURSO

          A televisión de Galicia leva xa 4 anos organizando un concurso de cancións en galego, "Este Nadal canta con nós". Cada ano, de entre moitas cancións presentadas seleccionan unha gañadora. 
          Aquí tedes dúas de mostra: a gañadora do ano 2016 que se titula "O meu Nadal perfecto" de Iván Vale, e a canción gañadora do ano pasado titulada "Cando é Nadal". Os intérpretes desta última son os alumnos e profesores do CEIP San Clemente de Caldas de Reis. Noraboa por ese traballo tan ben feito!!! 




16 dic. 2018

INTERCAMBIO DE POSTAIS

          Ó longo desta semana cada neno e cada nena vai elaborar unha postal navideña para así felicitar estas festas a outro compañeir@ do noso cole.
          Os buzóns colocaránse nas portas o xoves 20, e teremos ate o día 21 para ir enchéndoos cas nosas misivas. 
          De seguro que van ser unhas postais preciosas e sorprendentes xa que a imaxinación do noso alumnado non ten límites. 
                     



14 dic. 2018

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: DECEMBRO

         Neste mes de Decembro imos adicar esta sección á preparación de seis cantigas do Nadal que serán interpretadas (unha por nivel) o venres 21 de decembro.
          A cada curso tócalle cantar a outro curso veciño, e deste xeito rememoramos unha tradición típica das nosas festas, xa que grupos de xente a cantar polas portas dos veciños esperando recibir un aguinaldo era unha tradición moi popular na nosa terra. En qué consistía ese aguinaldo? Pois nunha lambetada, comida ou algún outro agasallo. 
          Ademáis estes cánticos teñen diferentes nomes según a data nas que os vaiamos cantar: no Nadal son panxoliñas, en fin de ano xaneiras, manueis ou aninovos e en Reis chámanse cantares de reis ou aguinaldos.
           Así que xa sabedes, afinade as vosas voces porque o 21 de decembro non se sabe o que podedes atopar tralas portas dos vosos veciños. 
           
           LISTADO DE CANCIÓNS POR CURSOS:

              1º A-B    NADAL (Mamá Cabra)
              2º A       XA ME TARDAN ESTES MAGOS (Mamá Cabra)
              3º A-B    TRES REIS EN BICICLETA (Mamá Cabra)
              4º A-B    OBLADÍ, OBLADÁ 
              5º A-B    OS REIS EN SANTO ANDRÉ (Mamá Cabra)
              6º A-B    O COMETIDO (Chouteira)



2 dic. 2018

25- N: ACTO CONMEMORATIVO NA ESCOLA

     Por fin chegou o día, e todos xuntos baixamos ó salón de actos para conmemorar o Día da Non Violencia de Xénero. Despois dunhas emotivas verbas por parte dos nos@s nen@s de sexto, todo o alumnado cantou as cancións que tiñamos preparadas. Quédavos de mostra un vídeo cos momentos máis relevantes. 


25 nov. 2018

25 DE NOVEMBRO

     Para celebrar este día, o próximo venres 30 de novembro faremos un pequeno acto conmemorativo onde xuntos cantaremos cancións. Aquí as tedes para ir practicando o longo desta semana. 🎶

DIA DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER

        Hoxe conmemórase o Día Internacional da Non Violencia de Xénero. E cal é o motivo de escoller esta data? Pois ten que ver cun feito histórico.
        O 25 de novembro de 1960 as irmáns Mirabal foron asasinadas na República Dominicana pola policía secreta. Elas foron unhas importantes activistas na loita pola liberdade. Chamóuselles "As bolboretas" xa que ese era o seudónimo co que se identificaban na clandestinidade. 
       En 1981 propúsose esta data polo seu valor simbólico ainda que non foi ata 1999 cando a ONU declarou o 25 de novembro "Día Internacional contra a Violencia hacia a Muller"


Irmáns Mirabal