ARRECENDARIO NA ESCOLA

Este curso académico dende o EDLG en colaboración co equipo e-Twinning da escola levamos a cabo a posta en marcha dun ARRECENDARIO. O noso centro goza de grandes espacios de terreo ó redor, co cal puidemos adicar un parte do mesmo a esta interesante actividade, que persigue varios obxectivos:
  • Promover a Educación Ambiental na Escola.
  • Conseguir unha mellor relación co entorno que nos rodea partir dun cambio de actitudes e valores no alumnado.
  •  Iniciarse no coñecemento das prantas aromáticas e medicinais, as súas propiedades e o seu nome en galego : Ourego, Herba Loba, Herba luisa, Lavanda, Romeo, Sarxa….
  •  Estimular o desenvolvemento dos órganos dos sentidos para poder apreciar e valorar as prantas .
  •  Contribuir á concienciación do cambio climático.
  • Conseguir un centro sostible.
  • Promover a concienciación ambiental ,creando lazos afectivos co entorno.
  • Inculcar os valores da agricultura ecolóxica como a forma “natural” e sostible de obter alimentos.

                          Aqui tedes o inicio do proxecto......






Entradas populares de este blog