Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

O ENTROIDO

     Esta semana celebramos a festa do Entroido, que culminará o venres día 1 de marzo co desfile de disfraces. Cada día, o alumnado vai cumplindo os mandatos do Meco.       Tamén vaise facer unha pequena investigación dende as clases, sobre as diferentes máscaras que se poden atopar ó longo de toda a xeografía galega.       Así que, para ambientarnos un pouco, temos aquí un vídeo que consiste nunha montaxe feita antes do desfile dos Entroidos Turísticos de Galicia polas rúas de Santiago de Compostela en xaneiro de 2015.

ACTO CONMEMORATIVO

     Hoxe baixamos o salón de actos, polos nosos chanzos versados,  para festexar o día de Rosalía. Conmemoramos esta data recitando algúns versos, cantando "Adeus ríos, adeus fontes" e bailando ó son da "Alborada de Rosalía".

DÍA DE ROSALÍA

Imagen
     Hoxe, día 24 de febreiro, celébrase o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.       Hoxe, Galicia enteira festexa esta data con numerosos actos en recordo da poetisa: intervencións teatralizadas, ofrendas florais, degustacións do "Caldo de Gloria" según a receita da poetisa, conferencias, interpretacións musicais e lectura de poemas.       Mañán faremos no colexio unha pequena homenaxe a escritora para celebrar o seu nacemento. 

AMBIENTACIÓN PARA O DÍA DE ROSALÍA

      O luns imos celebrar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (24 febreiro 1837). O alumnado fixo un traballo excepcional decorando versos de célebres poemas da autora. Con estes versos foise cubrindo paredes e chanzos do colexio. Ademais tamén se encheu un mural co nome de Rosalía en diferentes tipografías. 

A CASA DE ROSALÍA

     Rosalía de Castro residiu os últimos anos da sua vida nunha casa preto do casco urbano de Padrón. Agora é un museo onde se atopan recordos e obxectos persoais.      Neste vídeo poderedes ver como é a casa tanto por fóra coma por dentro, e escoitar algúns retazos da vida desta gran poetisa.

ROSALÍA DE CASTRO

        Se queredes saber un pouco  da vida desta gran muller, considerada unha das grandes figuras da nosa literatura, dexámosvos aquí un interesante traballo, atopado na rede, que ilustra moi ben quen foi Rosalía de Castro.

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: FEBREIRO

       Este mes é moi especial xa que o día 24 de febreiro naceu Rosalía de Castro. Por iso, como é unha xornada a celebrar, queremos festexala cantando un dos seus poemas mais destacados, "Adeus ríos, adeus fontes" , musicado ademais por un gran cantautor e compositor, Amancio Prada. 

MANS POLA PAZ

Imagen
          Na semana do 30 de Xaneiro, día da Paz, todo o alumnado participou na decoración dos corredores do cole elaborando a silueta do seu brazo coa man aberta como símbolo representativo por unha humanidade pacífica. Cada quen escolleu un idioma distinto para escribir a palabra PAZ nas palmas das mans.