Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2018

25 DE NOVEMBRO

     Para celebrar este día, o próximo venres 30 de novembro faremos un pequeno acto conmemorativo onde xuntos cantaremos cancións. Aquí as tedes para ir practicando o longo desta semana. 🎶

DIA DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Imagen
        Hoxe conmemórase o Día Internacional da Non Violencia de Xénero. E cal é o motivo de escoller esta data? Pois ten que ver cun feito histórico.         O 25 de novembro de 1960 as irmáns Mirabal foron asasinadas na República Dominicana pola policía secreta. Elas foron unhas importantes activistas na loita pola liberdade. Chamóuselles "As bolboretas" xa que ese era o seudónimo co que se identificaban na clandestinidade.         En 1981 propúsose esta data polo seu valor simbólico ainda que non foi ata 1999 cando a ONU declarou o 25 de novembro " Día Internacional contra a Violencia hacia a Muller" Irmáns Mirabal

FESTA DO MAGOSTO

     O pasado xoves, 15 de novembro, celebramos o magosto. Comezamos as 11:15 cos xogos e de seguido demos conta das castañas preparadas polo noso conserxe Juan (boísimas este ano!... por suposto moitas gracias as familias pola participación).  Pasámolo fenomenal e rematamos a festa cantando e bailando, algúns incluso cambiando de cor a súa faciana! 😁        Aquí vos queda unha mostra do que fixemos ese día. 
Imagen

LARETADAS

      O pasado martes 6 de novembro comezamos un proxecto chamado Laretadas  no que participaron os nen@s de 5º e 6º de primaria. O obxectivo desta proposta é potenciar a fala do galego, ademáis por suposto, de pasalo ben e disfrutar das representacións.        Así que, se queredes participar só tedes que preparar unha pequena producción de non máis de 3 ou 4 minutos e podedes facelo sós ou en compaña doutros. As produccións poden ser poesías, conversas, cantigas, refráns, chistes, noticias e todo aquilo que se vos ocurra.         Se queredes ver como foi a estrea de Laretadas , só tedes que pinchar no vídeo. 

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: NOVEMBRO

      Chegou novembro e neste mes imos celebrar o Magosto.       Aquí temos dúas cancións que falan diso precisamente. Unha para os máis pequechos titulada Tres castañas polo chan de Susa Herrera. A segunda ten  moita máis letra xa que é un rap... O rap do Magosto de Pac o  Nogueiras.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS NO COLE

     Os nenos e nenas encheron o noso cole de creativas cabazas para celebrar o Samaín. Queremos darlles moitísimas gracias, a eles e as suas familias, por participar nesta festa. Canta imaxinación!       E aquí vos queda unha mostra da exposición destas terroríficas cabazas.

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: OUTUBRO

           Para celebrar o Samaín cantando propoñemos desta vez dúas cancións de Mamá Cabra tituladas Monstros e demáis e O Samaín.