Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2017

O PERGAMIÑO VINDEL

Imagen
800 anos despois da súa partida o Pergamiño Vindel regresa a Vigo. Esta xoia bibliográfica da Literatura Galega Medieval é un manuscrito con sete Cantigas de Amigo do poeta Martín Códax. Este excepcional documento da música e da literatura medieval foi cedido pola Morgan&Library Museum de Nova Iork ao Museo do Mar de Vigo para a exposición " Berce da nosa cultura" da que constituira a peza fundamental. A exposición manteráse aberta desde outubro de 2017 a marzo 2018 polo que haberá tempo dabondo para unha merecida visita. Fai clik na imaxe para acceder o documento orixinal

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Imagen
O Ano Europeo das Linguas 2001, organizado de maneira conxunta polo Consello de Europa e pola Unión Europea, logrou implicar millóns de persoas nos 45 países participantes a través de actividades que celebraban a diversidade en Europa e que promovían a aprendizaxe de linguas. Desde esa data celébrase cada 26 de setembro co obxectivo de otorgar os idiomas a importancia que se merecen e fomentar a cultura no continente. FAI SOBRE A IMAXE PARA OBTER MÁIS INFORMACIÓN