BENVIDOS/AS A UN NOVO CURSO ESCOLAR


Un novo curso escolar escomenza mañán e dende este blog de Dinamización da Lingua Galega queremos seguir contribuindo ao fomento desa,a nosa Lingua , na nosa comunidade educativa e no contorno social. Aínda que desgrazadamente o horizonte que se albisca non é nada prometedor: a trasmisión interxeneracional da nosa lingua está totalmente esgazada, o uso do galego entre a xuventude alcanza mínimos históricos ano tras ano, os prexuizos, lonxe de combatérense están sendo reforzados...Nós seguimos pensando que a lingua galega forma parte do noso patrimonio cultural e da nosa identidade e, como tal, un ben común que nos une. 
   Por iso desde eiquí , quero animarvos a seguir empregando a fermosa lingua de Rosalía e de innumerables escritores insignes.
        Feliz curso para todos e todas!!!



Entradas populares de este blog